lunes, 10 de mayo de 2021

Ata a próxima💚

 Bo día a todos e todas!

Hoxe damos fin a este blog, o cal preparamos con toda a nosa ilusión e cariño. Desfrutamos moito deste proceso, posto que nos achegamos máis á experiencia como docentes e empregamos as ferramentas que coñecemos neste primeiro ano de carreira. Esperamos que, cando cheguemos a quinto poidamos velo de novo e ser conscientes da gran evolución que tivemos.

Moitas grazas por estar aí léndonos.

Unha forte aperta e ata a próxima! 💖

domingo, 9 de mayo de 2021

🌼 Escape Room final 🐝

Benvidos/as de novo ao noso Blog!

No día de hoxe, como ben vos prometemos no anterior post, compartímosvos a última actividade de repaso que deseñamos: un Escape Room! Soa divertido, verdade? Este recurso creámolo a través da plataforma Genially. 

A presente actividade consiste en axudar á nosa amiga a Abella Maia, que se atopa perdida no Prado das Margaridas, a atopar a súa flor preferida. Para iso, deben pasar unha serie de misións que consisten en resolver algunhas preguntas sobre o temario visto. Así, ao final de cada misión terán que atopar a letra agochada nalgunha parte da pantalla, e ir anotándoas para, ao remate da actividade, crear a palabra secreta.

Esperamos de todo corazón que estas actividades vos resulten útiles, xa que consideramos que é unha maneira máis dinámica e orixinal de repasar os contidos aprendidos, e que ademais aos nenos e nenas lle resultará moito máis levadeiro e incluso divertido. Así mesmo, cabe destacar que esta actividade é unha alternativa aos exames escritos, e moito máis motivadora para os nosos nenos e nenas.

Unha gran aperta! 💖🌺

Link ao Escape Room


Sesión de repaso e avaliación final ✔️

Boas de novo a todos e a todas! Que tal vos atopades? Esperamos que ben. 

Hoxe traémosvos os dous últimos recursos que deseñamos para dar fin a esta Unidade Didáctica: "O Reino Vexetal", que nos serven para repasar os contidos aprendidos ao longo da mesma e ver se están afianzados. 

No presente post compartirémosvos a primeira actividade, e, no seguinte, a segunda e última actividade. Para esta primeira, creamos un rosco de definicións mediante a plataforma EducaPlay. Nesta actividade os cativos e cativas terán que recordar todos os contidos traballados ao longo das sesións, para poder solventala correctamente. Deste xeito, estarán repasando todo o temario dunha forma máis divertida e amena.


sábado, 8 de mayo de 2021

🥔A reprodución asexual🍠

 Bo día a todos e todas! Como xa comentamos onte, o día de hoxe ímosvos compartir un novo material para traballar, neste caso, a reprodución asexual das plantas. Esta actividade creámola a través da plataforma EducaPlay e consiste en seleccionar a palabra correcta para cubrir os ocos baleiros do texto que explica como é este proceso de reprodución.

Esperamos que vos resulte axeitado para o curso de 5º de Primaria. Podedes deixarnos algún comentario para ser coñecedoras acerca de se estes recursos os podedes empregar correctamente e se lles gustan aos vosos cativos e cativas.

Unha forte aperta!🌵


P.D.: Aquí vos deixamos, coma sempre, un vídeo-resumo do proceso explicado na clase.

viernes, 7 de mayo de 2021

Reprodución sexual🌷

 Boas de novo a todas/os lectoras/es! 

Como xa vos comentamos no post anterior, hoxe mesmo ímosvos compartir o segundo material que empregariamos na terceira sesión tras traballar as partes da flor. Neste caso creamos un xogo no que se deben corrixir as palabras erróneas; para isto empregamos a aplicación Ardora. Debido ao uso desta aplicación compartirvos o link ao material non é posible polo que deixamos aquí algunhas capturas para que o poidades ver. Xa sabedes que se vos interesa telo, unicamente debedes poñervos en contacto connosco.

Esperamos que fosen moi útiles estes dous últimos recursos compartidos ou que, alomenos, vos servisen como inspiración para levar a cabo recursos dixitais nas vosas aulas.

Escribímosvos decontado, unha aperta moi grande! 🌼🐝


Fonte: elaboración propia.
Fonte: elaboración propia.
Fonte: elaboración propia.
Fonte: elaboración propia.

P.D.: Aquí vos deixamos un vídeo para que a comprensión do proceso se complete mediante a súa visualización.

As partes da flor💐

Ola a todos e todas! Perdón pola tardanza pero acabamos de rematar de crear todos os recursos que forman este proxecto, os cales vos iremos compartindo ao longo destes días.

Hoxe presentámosvos o material para traballar a terceira sesión sobre a reprodución sexual das pantas e as partes da flor. Neste post compartiremos o material que concirne ás partes da flor, composto por unhas diapositivas que servirán para explicarlles dun xeito máis visual aos nenos e nenas a materia e, para repasar e afianzar os contidos, creamos unha actividade coa aplicación EducaPlay para relacionar.

Esperamos que o material sexa do voso agrado. No seguinte post de hoxe compartirémosvos o correspondente a reprodución sexual.

Unha aperta!

Diapositivas explicativas



martes, 4 de mayo de 2021

A nutrición das plantas

 Ola a todos e todas, benvidos un día máis ao noso blog. Hoxe queremos compartirvos un material relacionado co proceso de nutrición das plantas. Creámolo na aplicación Ardora polo que se estades interesados en poñer en práctica este material co voso alumnado podedes poñervos en contacto conosco polos correos electrónicos que aparecen como contacto. Asemade, compartímosvos alunghas imaxes sobre o interior do xogo para que poidades ver a estructura do mesmo. 

Proximamente compartiremos máis materiais relacionados cos contidos deste tema. 

Un saúdo de parte das tres creadoras deste blog! 💚

Fonte: elaboración propia.

Fonte: elaboración propia.

Fonte: elaboración propia.

Fonte: elaboración propia.

P.D.: Aquí tedes un vídeo do que podedes botar man para que os discentes visualicen o proceso.

Ata a próxima💚

 Bo día a todos e todas! Hoxe damos fin a este blog, o cal preparamos con toda a nosa ilusión e cariño. Desfrutamos moito deste proceso, pos...