Benvidos/as de novo ao noso Blog!
No día de hoxe, como ben vos prometemos no anterior post, compartímosvos a última actividade de repaso que deseñamos: un Escape Room! Soa divertido, verdade? Este recurso creámolo a través da plataforma Genially.
A presente actividade consiste en axudar á nosa amiga a Abella Maia, que se atopa perdida no Prado das Margaridas, a atopar a súa flor preferida. Para iso, deben pasar unha serie de misións que consisten en resolver algunhas preguntas sobre o temario visto. Así, ao final de cada misión terán que atopar a letra agochada nalgunha parte da pantalla, e ir anotándoas para, ao remate da actividade, crear a palabra secreta.
Esperamos de todo corazón que estas actividades vos resulten útiles, xa que consideramos que é unha maneira máis dinámica e orixinal de repasar os contidos aprendidos, e que ademais aos nenos e nenas lle resultará moito máis levadeiro e incluso divertido. Así mesmo, cabe destacar que esta actividade é unha alternativa aos exames escritos, e moito máis motivadora para os nosos nenos e nenas.
Unha gran aperta! 💖🌺
Link ao Escape Room