Ola a todos e todas!
Hoxe introducimos o Tema 8: "O reino vexetal". Para iso compartímosvos a primeira actividade que deseñamos: un quiz. Este material pódese empregar de diversas formas. Nun primeiro lugar, podería usarse de xeito individual nos ordenadores tras a explicación da primeira parte do tema, que se corresponde coas características e a clasificación das plantas. Tamén poderiamos poñela en práctica antes da explicación para saber cales son os coñecementos previos do noso alumnado.
Outra forma de poñer en práctica esta actividade sería de maneira grupal: a mestra ou mestre pode dividir a aula en varios grupos para realizar un pequeno concurso dende a pantalla dixital. Deste xeito, foméntase o traballo cooperativo posto que todos deberán colaborar para solventar a actividade, e ademais activará o compoñente motivacional no alumnado.
O funcionamento do material é moi sinxelo: ao poñer a actividade en modo presentación os "botóns" comezarán a funcionar. Facendo un clic co botón esquerdo do rato pasaremos á segunda diapositiva na que se indican as regras do xogo. A continuación, debemos pulsar a comezar e iniciarase a aventura. Comezarán a aparecer as preguntas coas respostas e, se se sinala a correcta, levará a unha diapositiva que, premendo na esquina superior esquerda, leva á seguinte cuestión. Polo contrario, se marcamos a resposta incorrecta levaranos a unha imaxe que nos mandará volver á pregunta para sinalar a axeitada.
Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós!
Unha aperta! 😘🍃
No hay comentarios:
Publicar un comentario