martes, 27 de abril de 2021

Seguimos traballando! 💼

 Ola mestres e mestras!

Esperamos que o recurso compartido fai uns días fora do voso interese. Hoxe tivemos unha reunión para preparar o seguinte material que vos compartiremos, neste caso é sobre o proceso de  nutrición das plantas. Ademais, xa temos outros recursos case rematados para traballar cos cativos e cativas, compartirémosvolos a medida que avancemos no tema.

Unha aperta!! 😘🍃

Fonte: elaboración propia.


viernes, 23 de abril de 2021

Poñémonos en marcha! 👩‍🏫

 Ola a todos e todas! 

Hoxe introducimos o Tema 8: "O reino vexetal". Para iso compartímosvos a primeira actividade que deseñamos: un quiz. Este material pódese empregar de diversas formas. Nun primeiro lugar, podería usarse de xeito individual nos ordenadores tras a explicación da primeira parte do tema, que se corresponde coas características e a clasificación das plantas. Tamén poderiamos poñela en práctica antes da explicación para saber cales son os coñecementos previos do noso alumnado.

Outra forma de poñer en práctica esta actividade sería de maneira grupal: a mestra ou mestre pode dividir a aula en varios grupos para realizar un pequeno concurso dende a pantalla dixital. Deste xeito, foméntase o traballo cooperativo posto que todos deberán colaborar para solventar a actividade, e ademais activará o compoñente motivacional no alumnado.

O funcionamento do material é moi sinxelo: ao poñer a actividade en modo presentación os "botóns" comezarán a funcionar. Facendo un clic co botón esquerdo do rato pasaremos á segunda diapositiva na que se indican as regras do xogo. A continuación, debemos pulsar a comezar e iniciarase a aventura. Comezarán a aparecer as preguntas coas respostas e, se se sinala a correcta, levará a unha diapositiva que, premendo na esquina superior esquerda, leva á seguinte cuestión. Polo contrario, se marcamos a resposta incorrecta levaranos a unha imaxe que nos mandará volver á pregunta para sinalar a axeitada. 

LINK Á ACTIVIDADE 

Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós!

Unha aperta! 😘🍃

P.D.: Aquí vos queda un vídeo do que podedes botar man para completar a explicación.

jueves, 22 de abril de 2021

Día da terra 🌎

Boas a todos e todas! Que tal pasastes o día? Agardamos que fose produtivo e interesante. Vimos recordarvos que hoxe é o Día da Terra 🌎, o fogar das plantas, que é a temática  que imos traballar proximamente.

"A Terra non é nosa, nos somos da Terra."

Deixámosvos esta frase para reflexionar sobre a importancia de coidar o medio natural que nos rodea.

Unha aperta. 😘🍃

martes, 20 de abril de 2021

Selección do tema

 Ola a todos e todas! 

Sentimos a tardanza pero a seleción do tema foi moito máis complexa do que esperabamos. Barallamos diferentes opcións como poden ser o ciclo da auga, o sistema solar, o reino animal e as plantas para o curso de 5º de Educación Primaria. Podedes adiviñar por cal nos decantamos? Imaxinamos que o fondo do Blog é unha boa pista para deducilo: O REINO VEXETAL!

Iremos publicando recursos dixitais relacionados con esta temática para que poidades empregar nas vosas aulas.

Un saúdo, vémonos axiña!💚


sábado, 10 de abril de 2021

Presentación

Benvidos e benvidas a Mestras en acción! 

Somos Celtia Cancela, Patricia Vidal e Lucía Botana. Neste blog poderedes atopar diferentes recursos dixitais creados por tres alumnas de Educación Infantil e Primaria da Universidade de Santiago de Compostela. Esperamos que os posts que publiquemos sexan do interese dos lectores e os materiais que compartamos poidan servirvos de axuda ou mesmo sexan fonte de inspiración para os vosos propios proxectos. Axiña comezaremos a compartir máis información  sobre esta iniciativa.

Biquiños e apertas!

Ata a próxima💚

 Bo día a todos e todas! Hoxe damos fin a este blog, o cal preparamos con toda a nosa ilusión e cariño. Desfrutamos moito deste proceso, pos...